z

.

.

25 febrero 2014

entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
O entroido celébrase tamén en Ourense con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, entre outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interés turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.
Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días.
Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido.
Cada lugar de Ourense cun entroido particular ten o seu personaxe típico: en Xinzo "AS PANTALLAS", Verín "CIGARRÓNS" e Laza "OS PELIQUEIROS".

10 febrero 2014

Haz clic en la imagen para trabajar Cálculo Mental...